martes, 3 de noviembre de 2015

Maquinando a escritura das nosas palabras.

O ano pasado traballamos o acercamento á lecto-escritura tomando como base para o comezo da nosa aprendizaxe, as letras maiúsculas. Este curso, comezamos a grafía das minúsculas.

Xa sabemos que todo aprendizaxe é mais motivador canto máis divertido sexa, e pensando nesta idea, xurdíu un dos xogos que utilizamos a diario: a máquina das palabras.
Con ela en pequenos grupos xogan a formar diferentes palabras; isto que para un adulto é tan sinxelo e para eles tan complicado: "como se escribe mamá?", "sona: ma ma ma ma ma", "ah! xa sei!pos con m e despois a"; esta é unha das conversas comúns entres os peques; momentos nos que se esforzan para descubrir cales son as letras que conforman cada unha das palabras que queren escribir, buscan as letras e intentan construír a palabra que queren.
Tamén nos gusta xogar a formar palabras coa axuda dos puzzles que conteñen as letras do abecedario, con elas, soemos repasar a diario cales son as letras que compoñen os nosos nomes.

Para apoiar estes aprendizaxes, realizamos diferentes traballos manuais de grafía. Comezamos asociando as vogais de maiúscula á minúscula, coloreando con ceras, pintura de dedos..., para despois centrarnos concretamente na grafía da letra "a" minúscula, a cal estamos traballando estas semanas.

Aquí podedes ver algúns destes traballos.


2 comentarios: