domingo, 22 de noviembre de 2015

LUCECÚS.

Fai unhas semanas comezamos a investigar sobre os Lucecús. O proxecto xurdiu un día falando sobre os bichos mais bonitos que coñecemos, e unha peque comentou que fora un lucecús, algúns non sabían que bicho era, así que nos puxemos mans a obra a investigar.


A característica mais chamativa ao ver o lucecús en foto foi esa luz, entón cada un deu a súa opinión e plantexaron diferentes preguntas: 

- teñen unha lámpada ahí no cu?- 
- queimara se a tocas?-
-como se acende e como se apaga?
- póñena para ver de noite?-

Puxémonos mans a obra e buscamos información en internet e diferentes libros. A luz que emiten chámase bioluminescencia, si, unha palabra moi longa que nunca escoitáramos e que é moi difícil de lembrar, pero o que si sabemos é o que significa. Quere dicir que os lucecús non teñen unha lámpada no cuíño (que gracia nos facía), senón que esa luz téñena por unha sustancia que desprenden e que, o poñerse en contacto co aire xera luceciña.


Para que vale?.
Grazas ao fermoso libro de Eric Carl: "La luciérnaga solitaria", soubemos que esa luz que desprenden é para encontrar outros lucecús, e tamén para que non as coman bichos máis grandes: os lucecús saben moi mal, polo que os predadores ao ver a luz saben que son lucecús e non as comen.


A luz que emiten non é continua, é intermitente; e para comprobar cal é a diferencia entre estes dous tipos, fixemos o seguinte experimento: con unha pila e un led pequeniños, conseguimos facer luz. 







Tíñamos leds de varias cores, polo que probamos todas e aprendemos a diferenciar entre luz continua e intermitente. Por último, metemos o led e a pila nun globo, imitando a luz dos lucecús. 



Fixemos un gran mural no que pintamos utilizando diferentes materiais, a luciérnaga solitaria. 



E por último, recibimos unha carta da lucecús Lúa na que nos pedía que investigáramos onde viven e que comen, puxémonos mans a obra para poder contestarlle o mais pronto posible!. Fixemos diferentes fichas nas que escribimos que viven nas zonas máis cálidas e que lles encanta estar en pantanos e en xeral, en zonas húmidas. Tamén fixemos unha ficha na que contamos cantas alas e cantas antenas teñen, e para finalizar lle puxemos papel celofán de cor amarelo para simular a súa luz. 




Encantounos investigar aos lucecús!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario