sábado, 5 de diciembre de 2015

domingo, 22 de noviembre de 2015

LUCECÚS.

Fai unhas semanas comezamos a investigar sobre os Lucecús. O proxecto xurdiu un día falando sobre os bichos mais bonitos que coñecemos, e unha peque comentou que fora un lucecús, algúns non sabían que bicho era, así que nos puxemos mans a obra a investigar.


A característica mais chamativa ao ver o lucecús en foto foi esa luz, entón cada un deu a súa opinión e plantexaron diferentes preguntas: 

- teñen unha lámpada ahí no cu?- 
- queimara se a tocas?-
-como se acende e como se apaga?
- póñena para ver de noite?-

Puxémonos mans a obra e buscamos información en internet e diferentes libros. A luz que emiten chámase bioluminescencia, si, unha palabra moi longa que nunca escoitáramos e que é moi difícil de lembrar, pero o que si sabemos é o que significa. Quere dicir que os lucecús non teñen unha lámpada no cuíño (que gracia nos facía), senón que esa luz téñena por unha sustancia que desprenden e que, o poñerse en contacto co aire xera luceciña.


Para que vale?.
Grazas ao fermoso libro de Eric Carl: "La luciérnaga solitaria", soubemos que esa luz que desprenden é para encontrar outros lucecús, e tamén para que non as coman bichos máis grandes: os lucecús saben moi mal, polo que os predadores ao ver a luz saben que son lucecús e non as comen.


A luz que emiten non é continua, é intermitente; e para comprobar cal é a diferencia entre estes dous tipos, fixemos o seguinte experimento: con unha pila e un led pequeniños, conseguimos facer luz. 







Tíñamos leds de varias cores, polo que probamos todas e aprendemos a diferenciar entre luz continua e intermitente. Por último, metemos o led e a pila nun globo, imitando a luz dos lucecús. 



Fixemos un gran mural no que pintamos utilizando diferentes materiais, a luciérnaga solitaria. 



E por último, recibimos unha carta da lucecús Lúa na que nos pedía que investigáramos onde viven e que comen, puxémonos mans a obra para poder contestarlle o mais pronto posible!. Fixemos diferentes fichas nas que escribimos que viven nas zonas máis cálidas e que lles encanta estar en pantanos e en xeral, en zonas húmidas. Tamén fixemos unha ficha na que contamos cantas alas e cantas antenas teñen, e para finalizar lle puxemos papel celofán de cor amarelo para simular a súa luz. 




Encantounos investigar aos lucecús!.

martes, 17 de noviembre de 2015

Con A de arte.

Esta semana traballamos as formas xeométricas. Para elo, tomamos como base as cousas que temos no noso arredor, así que fixemos un remuiño de ideas sobre que cousas da clase teñen estas formas:
  • Rectángulo: a mesa, o encerado, a porta da clase...
  • Cadrado: as caixas dos puzzles, algúns libros da biblioteca de aula, o cartel dos protagonistas...
  • Círculo: as nosas caras, a letra "o" de Okapi, o pomo da porta...
  • Triángulo: a sinal de ceda o paso, o anaco de pizza que temos no recuncho da cociña, o gorro dos bonecos...
Con material sensorial que nos permite favorecer a capacidade visual, táctil e manipulativa; realizamos xogos de comprensión e asociación de formas e cores. Comezamos agrupando formas xeométricas según o seu cor e tamaño.


E despois fixemos series e xogamos con formas na PDI:

 Unha vez que recoñecemos estas formas, fixemos unha actividade en grupo na que o pasamos xenial!. Collemos un bo anaco de papel continuo e no corcho, con pintura de dedos debuxamos a idea que tiñamos de esas formas. E incluso, algún debuxo que tivera esas formas.

A raíz de todas estas actividades nas que nos introducimos no mundo da xeometría, buscamos un pintor que tivera unha obra na que simulase debuxar formas, e decidimos pintar unha obra de Kandinsky, un pintor Ruso o que lle encantaba realizar obras de arte cheas de cor!.





martes, 3 de noviembre de 2015

Maquinando a escritura das nosas palabras.

O ano pasado traballamos o acercamento á lecto-escritura tomando como base para o comezo da nosa aprendizaxe, as letras maiúsculas. Este curso, comezamos a grafía das minúsculas.

Xa sabemos que todo aprendizaxe é mais motivador canto máis divertido sexa, e pensando nesta idea, xurdíu un dos xogos que utilizamos a diario: a máquina das palabras.
Con ela en pequenos grupos xogan a formar diferentes palabras; isto que para un adulto é tan sinxelo e para eles tan complicado: "como se escribe mamá?", "sona: ma ma ma ma ma", "ah! xa sei!pos con m e despois a"; esta é unha das conversas comúns entres os peques; momentos nos que se esforzan para descubrir cales son as letras que conforman cada unha das palabras que queren escribir, buscan as letras e intentan construír a palabra que queren.
Tamén nos gusta xogar a formar palabras coa axuda dos puzzles que conteñen as letras do abecedario, con elas, soemos repasar a diario cales son as letras que compoñen os nosos nomes.

Para apoiar estes aprendizaxes, realizamos diferentes traballos manuais de grafía. Comezamos asociando as vogais de maiúscula á minúscula, coloreando con ceras, pintura de dedos..., para despois centrarnos concretamente na grafía da letra "a" minúscula, a cal estamos traballando estas semanas.

Aquí podedes ver algúns destes traballos.


jueves, 29 de octubre de 2015

Cabazas, castañas, arañas, morcegos, bruxas, medo, diversión ... a cañón!

Por fin chegou o día máis desexado de toda esta semana. Hoxe tocaba celebrar o Samaín, caracterizados cos nosos disfraces, cunha boa merendola de castañas con todos os compañeiros/as de cole e diferentes xogos. Tíñamos moitas ganas!.

A mañá comezou coa representación dunha obra de teatro na biblioteca do cole, protagonizada polos compañeiros/as de 6º de educación primaria. A verdade é que o bordaron, fíxonos moita gracia e gustounos ver como ían caracterizados cada un dos seus personaxes. Aquí tendes un resumo da obra: Xoán sen medo.

 

Despois de xogar na clase un ratiño, fomos ao recreo e a continuación, merendamos unha boa castañada. Que ricas estaban!

                          

E por último, falamos sobre como fixemos as nosas cabazas, miramos posibles receitas de cociña con cabaza para facer a volta da ponte, e limos o conto de corre corre cabaciña. Dende aquí agradecer a todas as familias a vosa colaboración. Tanto polas fermosas cabazas que fixestes cos vosos peques, como polas castañas para a celebración do Magosto.

                           

 Moitas grazas familias!

miércoles, 28 de octubre de 2015

Cociñando fantasmas.

Hoxe convertémonos en cociñeiros! 

Complicado non ir comendo mentres íamos facendo, iso foi o máis difícil de todo!. E aínda que se nos queimou o chocolate e o principio se nos rompían as galletas ao intentar enganchalas nos paus; o que a sigue a consigue; e rematamos facendo uns fantasmas riquísimos!


Pequenos draculines.

Quen vos da máis medo, os nosos dráculas ou as nosas caras? 

 Aquí vos ensinamos a manualidade que fixemos esta semana, convertendo un prato e uns cachos de cartulina, no vampiro máis famoso do mundo, Drácula.

 COMEZA O SAMAÍN!


 

  

domingo, 18 de octubre de 2015

O BICHO QUE MÁIS MEDO ME DA É...

Xa sabedes que queda pouquiño para a celebración de Samaín; os peques encantados de volver a disfrazarse, facer as cabazas, ... Esta semana comezamos a preparar esta celebración elaborando estes fermosos e divertidos debuxos do bicho que máis medo lles da.

               

lunes, 12 de octubre de 2015

ALERTA LARANXA E FORMIGAS VOADORAS.

O outro día cando chegamos á escola decatámonos de que non podíamos saír ao recreo dado que había alerta laranxa, polo que nos preguntamos... que é iso?. Por qué non podemos saír?

Investigamos en diferentes páxinas de que se trataba, e sacamos a conclusión de que a alerta laranxa era unha sinal parecida a cando na praia había unha bandeira amarela ou vermella: que son as que nos indican que hai algún tipo de perigo.
Miramos o tempo como cada día na páxina de meteogalicia, e falamos de que tal e como nos informaban, hoxe facía moitísimo vento cando víñamos cara a escola.
Falamos sobre que perigos tiña que fixera tanto vento: tirar árbores, tellas, etc... e a mellor solución que encontramos para poder saír ao recreo cando fai tanto vento é... TRAER CASCO Á ESCOLA!. Si, como ledes, a proposta dos peques é ter un casco preparado para estas situacións...

Tras debater as diferentes solucións para poder saír ao recreo, xurdiu a dúbida de como os meteorólogos saben cal é o tempo que vai a facer, e buscamos información; da cal nos quedamos con dous instrumentos básicos para predicir o tempo, e que temos pensado realizar manualmente na nosa clase para comprobar como funcionan.

O anemómetro: permite medir a velocidade do vento.


O pluviómetro: mide a cantidade de choiva.


Nas próximas semanas construiremos os nosos propios instrumentos meteorolóxicos, a ver que tal quedan!

A raíz de como se predí o tempo e relacionado co proxecto de centro que traballaremos este ano na escola, os bichos,  falamos das formigas voadoras. 


Estas formigas soen saír cando remata o verán e comeza a época de outono. Investigamos sobre cal era o motivo; e resulta que despois de pasar unha temporada de moito calor unha vez que chegan as primeiras choivas, inúndase os seus formigueiros, e saen en busca de novos lugares secos onde facer as súas casiñas. De alí que haxa unha crenza popular na que se di que cando se ven este tipo de formigas significa que vai a caer unha boa treboada.


  • Cantas alas teñen estas formigas? e cantas patas?.
                          

O luns cando chegamos á escola tíñamos unha carta da raíña Iris.


Iris contounos como están formados os formigueiros, e pediunos que investigaramos sobre a diferencia entre as formigas con alas e as que non teñen. Descubrimos que estas últimas, son as que se encargan de recolectar a comida. Nos formigueiros encontrámonos cun traballo moi organizado, xa que as formigas viven en grandes sociedades. Como curiosidade, aprendemos que un dos formigueiros mais grandes do mundo ocupa a distancia de España ata Italia, inmenso!. 
Son formigueiros subterráneos, nos que cada formiga aporta o seu traballo.


Outra das curiosidades que aprendemos, foi que as formigas son moi fortes, poden levantar 5-10 veces o seu propio peso! e arrastrar obxectos mais pesados que elas. 


Entre as actividades que fixemos, pintamos unhas antenas, xa que unha das dúbidas que xurdiu na aula foi: para que serven as antenas?. E descubrimos que son as que lles permiten orientarse e ulir cando buscan a comida; polo que son os seus órganos de olfato e tacto.
Tamén repasamos diferentes grafías e números.  

                       

Por último, xogamos a este divertido xogo interactivo, que nos axuda a repasar os cores e os números.
https://dl.dropboxusercontent.com/u/7260262/libroTIC/libro%20digital/EI/otros%20flash/hormigas%20v12.swf

domingo, 11 de octubre de 2015

FERMOSA OBRA DE TEATRO NA BIBLIOTECA REGO DA BALSA.

Encantóunos esta obra de teatro na que dous ratonciños nos contaron as súas andanzas.

           

Volvemos á escola!

Tras uns meses de vacacións, o pasado 10 de setembro volvemos á escola; xa tiñamos ganas de ver aos nosos compañeiros/as!.

Ao chegar contámonos todo o que fixemos no verán: viaxes, festas, visitas...,  e estrenamos as novas rutinas que temos preparadas para este curso. O encargado, un por cada día da semana, ten que: pasar lista, contar os nenos/as que viñeron á escola e os que quedaron na casa, miramos que día fai hoxe e vestimos as nosas mariquiñas,por último, cambiamos a data e lembramos en que día da semana estamos así como tamén, a estación na que nos encontramos. Aproveitamos estes momentos sempre para cantar as nosas cancións preferidas que nos axudan, entre outras cousas, a memorizar os días da semana, os meses, as estacións.


                   


Os primeiros días foron adicados a xogar e pasalo ben cos nosos compañeiros/as. Estrenamos puzzles novos e algún xoguete nos nosos recunchos.
      
                        

  E ata aquí este breve resumo dos nosos primeiros días de volta á escola.

jueves, 18 de junio de 2015

Taller de camisetas africanas.

Os compañeiros/as de 1º de educación primaria nos axudaron a deseñar estas fermosas camisetas con motivos africanos. Eliximos os nosos animais preferidos e estampamos coa súa axuda cada unha das camisetas. Esperamos que vos guste!.




MOITAS GRAZAS PEQUES POR FACER ESTA ACTIVIDADE CON NOS!

miércoles, 17 de junio de 2015

Iniciación á lecto-escritura: Letra A.

Continuamos traballando as vogais en relación as tarxetas foto-silábicas que relacionan cada unha das vogais cunha foto dun animal Africano.

Letra A de Africanos.


domingo, 14 de junio de 2015

A piques de chegar o verán e as vacacións!

Xa queda pouco para o cambio de estación, que coincide coa chegada das vacacións e as festas de San Xoán de Carballo.
No verán os días son moi longos e as noites son curtas. Fai moito calor, o que nos permite ir a praia! Falamos sobre as praias que soemos visitar, e dos motivos polos debemos de ter coidado cando nos bañamos.

Comezamos falando sobre a praia de Razo xa que foi a que comentaron a gran maioría dos peques que ían en verán. Entramos nesta páxina web na que podemos ver a praia en directo:


  • Falamos sobre o significado das bandeiras e o seu cor:
 VERDE: Índica que as condicións para bañarnos son boas. 
AMARELA: Precaución se nos metemos na auga, índica que hai oleaxe forte ou/e as mareas son perigosas. 
VERMELLA: Prohibido bañarse. 

  • Qué deportes podemos practicar en verán?. 

Os peques afirmaban que en verán se pode practicar o surf; e como deportes de auga, coñecimos outros dous:

O snorkel:


O windsurf:

                         


Por último, falamos sobre a roupa que debemos de poñer en canto comece o bo tempo. 



                       
 

domingo, 24 de mayo de 2015

Descubrindo África: Imos de Safari.

Cando descubrimos a cantidade de safaris que hai para realizar en África e todo os que nos permiten ver, decidimos que esta semana íamos realizar un!

Todo comezou tras a pregunta... Que é un Safari?  Antes de buscar a información, fixemos unha ronda de ideas, para averiguar o que os peques pensaban que era un safari e o que sabían sobre eles. As respostas dos nenos/as:

- Un safari é unha viaxe que facemos entre os animais-  -Claro, e faise para sacar fotos- - Si, e vamos montados nun coche grande para que non nos coman- - Claro e para ir mas rápido que eles se nos perseguen- 

E así, grazas as súas ideas tíñamos máis ou menos unha idea clara do que era. Agora tocaba INVESTIGAR buscando información.

"Un safari é unha expedición ou viaxe que se leva a cabo en algunhas rexións de África para ver e fotografiar animais"












E que roupa temos que levar de safari?

                         


Unha vez que tíñamos claro o que era realizar un safari e que tíñamos que levar na maleta, pensamos... a que parte de África imos?  Buscamos información nunha axencia de viaxes, podíamos elexir: 


- Ruta Massai: visitando  Nairobi, Samburu, Aberdare, Lago Nakuru.
- Safari Jambo: Nairobi, Amboseli, Tarangire, Serengeti, Ngorongoro.
- Buscando al rey león: Nairobi, Lago Nakuru, Masai Mara. 
-  Safari Kilimanjaro: Nairobi, Massai Mara, cráter de Ngorongoro e Kilimanjaro.

Tras a votación decidimos realizar o safari Kilimanjaro. 


Vemos o itinerario e buscamos información sobre cada un dos sitios que visitaremos: 

                       

Día 1: España-Nairobi. 

              Nairobi é a capital e maior cidade de Kenia, que é o primero país que imos visitar. 





Día 2: Nairobi- Samburu.
            Aquí visitaremos a Reserva Nacional de Samburu. 


Día 3: Nairobi- Aberdare.


                Iremos en vehículos especiais hacia as colinas dos montes de Aberdare, para observar    diferentes animales. 



Día 4:  Aberdare- Lago Nakuru- Lago Naivasha


              Iremos en vehículos especiais ao Gran Valle do Rift e ao Lago de Nakuru, paraíso de aves acuáticas e refuxio das dúas especies de rinoceronte. 






 Día 5:  Lago Naivasha - Masai Mara
           Dirixirémonos as inmensas llanuras de Massai Mara onde encontraremos a grandes manadas de ñus, cebras, antílopes, gacelas... 




Día 6: Masai Mara
        Coñeceremos a cultura Massai dos Massai Mara.





Día 7:  Nairobi - Amboseli
          Chegamos a Amboseli e podemos obsevar no safari os paisaxes do Kilimanjaro.





Día 8: Amboseli - Lago Manyara
         Chegamos a Tanzania e visitamos o lago Manyara.




Día 9: Manyara - Serengeti.

        Visitamos o Parque Nacional de Serengeti. 




Día 10: Serengeti- Cráter do Ngorongoro.

          Visitamos o Cráter do Ngorongoro, unha área en conservación onde podemos encontrar nove volcanes, dos cales tan só un deles está activo.  




Día: 11 Cráter do Ngorongoro- Nairobi- Viaxe de regreso a España


          Regresamos a España. 


Unha vez que trazamos o itinerario e temos claro o que imos ver, precisamos buscar os transportes nos que iremos dende Carballo ata Nairobi.

                     
     

Estamos traballando nelo, polo que vos contaremos no seguinte post. 

 Ata a próxima.