PROXECTO BICHOS

ALERTA LARANXA E FORMIGAS VOADORAS.

O outro día cando chegamos á escola decatámonos de que non podíamos saír ao recreo dado que había alerta laranxa, polo que nos preguntamos... que é iso?. Por qué non podemos saír?

Investigamos en difTA erentes páxinas de que se trataba, e sacamos a conclusión de que a alerta laranxa era unha sinal parecida a cando na praia había unha bandeira amarela ou vermella: que son as que nos indican que hai algún tipo de perigo.
Miramos o tempo como cada día na páxina de meteogalicia, e falamos de que tal e como nos informaban, hoxe facía moitísimo vento cando víñamos cara a escola.
Falamos sobre que perigos tiña que fixera tanto vento: tirar árbores, tellas, etc... e a mellor solución que encontramos para poder saír ao recreo cando fai tanto vento é... TRAER CASCO Á ESCOLA!. Si, como ledes, a proposta dos peques é ter un casco preparado para estas situacións...

Tras debater as diferentes solucións para poder saír ao recreo, xurdiu a dúbida de como os meteorólogos saben cal é o tempo que vai a facer, e buscamos información; da cal nos quedamos con dous instrumentos básicos para predicir o tempo, e que temos pensado realizar manualmente na nosa clase para comprobar como funcionan.

O anemómetro: permite medir a velocidade do vento.


O pluviómetro: mide a cantidade de choiva.


Nas próximas semanas construiremos os nosos propios instrumentos meteorolóxicos, a ver que tal quedan!

A raíz de como se predí o tempo e relacionado co proxecto de centro que traballaremos este ano na escola, os bichos,  falamos das formigas voadoras. 


Estas formigas soen saír cando remata o verán e comeza a época de outono. Investigamos sobre cal era o motivo; e resulta que despois de pasar unha temporada de moito calor unha vez que chegan as primeiras choivas, inúndase os seus formigueiros, e saen en busca de novos lugares secos onde facer as súas casiñas. De alí que haxa unha crenza popular na que se di que cando se ven este tipo de formigas significa que vai a caer unha boa treboada.


  • Cantas alas teñen estas formigas? e cantas patas?.
                          

O luns cando chegamos á escola tíñamos unha carta da raíña Iris.


Iris contounos como están formados os formigueiros, e pediunos que investigaramos sobre a diferencia entre as formigas con alas e as que non teñen. Descubrimos que estas últimas, son as que se encargan de recolectar a comida. Nos formigueiros encontrámonos cun traballo moi organizado, xa que as formigas viven en grandes sociedades. Como curiosidade, aprendemos que un dos formigueiros mais grandes do mundo ocupa a distancia de España ata Italia, inmenso!. 
Son formigueiros subterráneos, nos que cada formiga aporta o seu traballo.


Outra das curiosidades que aprendemos, foi que as formigas son moi fortes, poden levantar 5-10 veces o seu propio peso! e arrastrar obxectos mais pesados que elas. 


Entre as actividades que fixemos, pintamos unhas antenas, xa que unha das dúbidas que xurdiu na aula foi: para que serven as antenas?. E descubrimos que son as que lles permiten orientarse e ulir cando buscan a comida; polo que son os seus órganos de olfato e tacto.
Tamén repasamos diferentes grafías e números.  

                       

Por último, xogamos a este divertido xogo interactivo, que nos axuda a repasar os cores e os números.
https://dl.dropboxusercontent.com/u/7260262/libroTIC/libro%20digital/EI/otros%20flash/hormigas%20v12.swf

LUCECÚS LÚA

 Fai unhas semanas comezamos a investigar sobre os Lucecús. O proxecto xurdiu un día falando sobre os bichos mais bonitos que coñecemos, e unha peque comentou que fora un lucecús, algúns non sabían que bicho era, así que nos puxemos mans a obra a investigar.


A característica mais chamativa ao ver o lucecús en foto foi esa luz, entón cada un deu a súa opinión e plantexaron diferentes preguntas: 

- teñen unha lámpada ahí no cu?- 
- queimara se a tocas?-
-como se acende e como se apaga?
- póñena para ver de noite?-

Puxémonos mans a obra e buscamos información en internet e diferentes libros. A luz que emiten chámase bioluminescencia, si, unha palabra moi longa que nunca escoitáramos e que é moi difícil de lembrar, pero o que si sabemos é o que significa. Quere dicir que os lucecús non teñen unha lámpada no cuíño (que gracia nos facía), senón que esa luz téñena por unha sustancia que desprenden e que, o poñerse en contacto co aire xera luceciña.


Para que vale?.
Grazas ao fermoso libro de Eric Carl: "La luciérnaga solitaria", soubemos que esa luz que desprenden é para encontrar outros lucecús, e tamén para que non as coman bichos máis grandes: os lucecús saben moi mal, polo que os predadores ao ver a luz saben que son lucecús e non as comen.


A luz que emiten non é continua, é intermitente; e para comprobar cal é a diferencia entre estes dous tipos, fixemos o seguinte experimento: con unha pila e un led pequeniños, conseguimos facer luz. 







Tíñamos leds de varias cores, polo que probamos todas e aprendemos a diferenciar entre luz continua e intermitente. Por último, metemos o led e a pila nun globo, imitando a luz dos lucecús. 



Fixemos un gran mural no que pintamos utilizando diferentes materiais, a luciérnaga solitaria. 



E por último, recibimos unha carta da lucecús Lúa na que nos pedía que investigáramos onde viven e que comen, puxémonos mans a obra para poder contestarlle o mais pronto posible!. Fixemos diferentes fichas nas que escribimos que viven nas zonas máis cálidas e que lles encanta estar en pantanos e en xeral, en zonas húmidas. Tamén fixemos unha ficha na que contamos cantas alas e cantas antenas teñen, e para finalizar lle puxemos papel celofán de cor amarelo para simular a súa luz. 




Encantounos investigar aos lucecús!.

FALAMOS DE ESPIRAIS E CARACOIS.

Esta semana estamos traballando un novo bicho: ten concha, se baba moito, non se separa da súa casa, ... xa vos facedes unha idea de cal é?.
Antes de comezar a investigar sobre as súas características, adicamos a semana a poñer en común as ideas que temos sobre eles.

1º Debuxamos como son os caracois:

 2º Escribimos as características que coñecemos dos caracois:

3º Realizamos uns exercicios de grafomotricidade nos que fixemos diferentes trazos e aprendemos o que son as espirais:

 4º Buscamos un cadro de arte no que puideramos traballar as espirais e eliximos o de Vincent Van Gogh: "La noche estrellada": 





E para a próxima semana... a investigar!


http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2009/caracol_serafin/start_html.html

Se picades neste enlace poderedes coñecer ao noso amigo Serafín.

CÓMO CRECEN OS CARACOIS?

Esta semana estivemos investigando sobre diferentes características da vida dos caracois. A nosa primeira dúbida era saber como nacen?

1º- Os caracois nacen dos ovos.



2º- Saen do ovo. 



3º Van crecendo.

4º- Ata facerse maiores.


Fixemos unha actividade na que ordenamos as fases do crecemento dos caracois.

E que comen? nos preguntamos. 



O RALLYE DOS CARACOIS

Os caracois teñen fama de dúas cousas según os peques: babosos e lentos. Dende que os temos na clase, comprobamos que efectivamente, si soltan esa sustancia tan pegañosa que lles permite desprazarse; agora o que nos faltaba por comprobar era si realmente son tan lentos; así que fixemos unha pista para realizar unha carreira.  Cada unha das mesas tiñan un caracol, e cada un deles unha pista asignada; polo que comprobaríamos con que rapidez e cal deles, consigue chegar á meta.

Tras preparar as pistas, os peques puxéronlle nome aos seus caracois: Turbo, Pipi, Saturno, Corredor, Cometa e Volador, e  mans a obra...






E así transcorreu a carreira que finalmente gañou Corredor. O único que sacamos en claro é que nos foi totalmente imposible que se desprazasen recto, que risas!





No hay comentarios:

Publicar un comentario