domingo, 21 de agosto de 2016

GRAZAS POR ESTES DOUS ANOS XUNTOS!

Chegou o momento de despedirme cunha última entrada neste blogue que me permitiu compartir con todos vosoutros moitas das aventuras vividas na clase.

 Quero darvos as grazas unha vez mais por estes dous anos xuntos; formades un grupo marabilloso e foi moi sinxelo traballar con vosoutros. Desexo que sempre vos sigades levando así de ben, sodes xeniaes peques. Quérovos.

 Familias sen vosoutros esta labor de aprendizaxe non houbera sido igual, por iso quero agradecervos a confianza e o cariño que pouco a pouco depositachedes en min. Grazas por todo.

Un abrazo moi grande!






Encantaríame subir o vídeo que vos fixen, pero é demasiado longo.


 SEMPRE VOS LEVAREI NO MEU CORAZÓN

5 comentarios:

  1. Deixar a mina filla con tres aniños ao coidado de alguien descoñecido foi desconcertante ao principio, non sabes que fai, se estará ben...,pero a día de hoxe estamos moi contentos e agradecidos de que ti Paula, foras a persona que a coidaras e ensinaras a nosa pequecha nos seus primeiros pasos no cole. Mayra adorate e acordase a miudo de ti, e ese sentimiento sei que lle perdurara para sempre. Gracias a ti Paula, gracias!! ;)

    ResponderEliminar
  2. Totalmente de acordo con Adrián, foi un placer terte como profesora de Gael, el está moi feliz no cole e eso sin duda e debido a que ti foras a súa profesora, moitas grazas por todo, e espero que che vaia moi ben a partir de ahora, para Gael e tamén para min sempre terás un lugar no noso corazón.

    ResponderEliminar
  3. Totalmente de acordo con Adrián, foi un placer terte como profesora de Gael, el está moi feliz no cole e eso sin duda e debido a que ti foras a súa profesora, moitas grazas por todo, e espero que che vaia moi ben a partir de ahora, para Gael e tamén para min sempre terás un lugar no noso corazón.

    ResponderEliminar
  4. Gracias a ti paula porque nn solo estabas pendiente dos nenos tamen de nos. Daniela querete moito e eso conseguichelo ti coa tua dedicacion e cariño coas ganas que cada dia recollias os nenos na fila e eles estaban felices. Moitas gracias

    ResponderEliminar
  5. Grazas polas vosas palabras familias! Foi un pracer ser a súa mestra. Un forte abrazo.

    ResponderEliminar