jueves, 29 de octubre de 2015

Cabazas, castañas, arañas, morcegos, bruxas, medo, diversión ... a cañón!

Por fin chegou o día máis desexado de toda esta semana. Hoxe tocaba celebrar o Samaín, caracterizados cos nosos disfraces, cunha boa merendola de castañas con todos os compañeiros/as de cole e diferentes xogos. Tíñamos moitas ganas!.

A mañá comezou coa representación dunha obra de teatro na biblioteca do cole, protagonizada polos compañeiros/as de 6º de educación primaria. A verdade é que o bordaron, fíxonos moita gracia e gustounos ver como ían caracterizados cada un dos seus personaxes. Aquí tendes un resumo da obra: Xoán sen medo.

 

Despois de xogar na clase un ratiño, fomos ao recreo e a continuación, merendamos unha boa castañada. Que ricas estaban!

                          

E por último, falamos sobre como fixemos as nosas cabazas, miramos posibles receitas de cociña con cabaza para facer a volta da ponte, e limos o conto de corre corre cabaciña. Dende aquí agradecer a todas as familias a vosa colaboración. Tanto polas fermosas cabazas que fixestes cos vosos peques, como polas castañas para a celebración do Magosto.

                           

 Moitas grazas familias!

miércoles, 28 de octubre de 2015

Cociñando fantasmas.

Hoxe convertémonos en cociñeiros! 

Complicado non ir comendo mentres íamos facendo, iso foi o máis difícil de todo!. E aínda que se nos queimou o chocolate e o principio se nos rompían as galletas ao intentar enganchalas nos paus; o que a sigue a consigue; e rematamos facendo uns fantasmas riquísimos!


Pequenos draculines.

Quen vos da máis medo, os nosos dráculas ou as nosas caras? 

 Aquí vos ensinamos a manualidade que fixemos esta semana, convertendo un prato e uns cachos de cartulina, no vampiro máis famoso do mundo, Drácula.

 COMEZA O SAMAÍN!


 

  

domingo, 18 de octubre de 2015

O BICHO QUE MÁIS MEDO ME DA É...

Xa sabedes que queda pouquiño para a celebración de Samaín; os peques encantados de volver a disfrazarse, facer as cabazas, ... Esta semana comezamos a preparar esta celebración elaborando estes fermosos e divertidos debuxos do bicho que máis medo lles da.

               

lunes, 12 de octubre de 2015

ALERTA LARANXA E FORMIGAS VOADORAS.

O outro día cando chegamos á escola decatámonos de que non podíamos saír ao recreo dado que había alerta laranxa, polo que nos preguntamos... que é iso?. Por qué non podemos saír?

Investigamos en diferentes páxinas de que se trataba, e sacamos a conclusión de que a alerta laranxa era unha sinal parecida a cando na praia había unha bandeira amarela ou vermella: que son as que nos indican que hai algún tipo de perigo.
Miramos o tempo como cada día na páxina de meteogalicia, e falamos de que tal e como nos informaban, hoxe facía moitísimo vento cando víñamos cara a escola.
Falamos sobre que perigos tiña que fixera tanto vento: tirar árbores, tellas, etc... e a mellor solución que encontramos para poder saír ao recreo cando fai tanto vento é... TRAER CASCO Á ESCOLA!. Si, como ledes, a proposta dos peques é ter un casco preparado para estas situacións...

Tras debater as diferentes solucións para poder saír ao recreo, xurdiu a dúbida de como os meteorólogos saben cal é o tempo que vai a facer, e buscamos información; da cal nos quedamos con dous instrumentos básicos para predicir o tempo, e que temos pensado realizar manualmente na nosa clase para comprobar como funcionan.

O anemómetro: permite medir a velocidade do vento.


O pluviómetro: mide a cantidade de choiva.


Nas próximas semanas construiremos os nosos propios instrumentos meteorolóxicos, a ver que tal quedan!

A raíz de como se predí o tempo e relacionado co proxecto de centro que traballaremos este ano na escola, os bichos,  falamos das formigas voadoras. 


Estas formigas soen saír cando remata o verán e comeza a época de outono. Investigamos sobre cal era o motivo; e resulta que despois de pasar unha temporada de moito calor unha vez que chegan as primeiras choivas, inúndase os seus formigueiros, e saen en busca de novos lugares secos onde facer as súas casiñas. De alí que haxa unha crenza popular na que se di que cando se ven este tipo de formigas significa que vai a caer unha boa treboada.


  • Cantas alas teñen estas formigas? e cantas patas?.
                          

O luns cando chegamos á escola tíñamos unha carta da raíña Iris.


Iris contounos como están formados os formigueiros, e pediunos que investigaramos sobre a diferencia entre as formigas con alas e as que non teñen. Descubrimos que estas últimas, son as que se encargan de recolectar a comida. Nos formigueiros encontrámonos cun traballo moi organizado, xa que as formigas viven en grandes sociedades. Como curiosidade, aprendemos que un dos formigueiros mais grandes do mundo ocupa a distancia de España ata Italia, inmenso!. 
Son formigueiros subterráneos, nos que cada formiga aporta o seu traballo.


Outra das curiosidades que aprendemos, foi que as formigas son moi fortes, poden levantar 5-10 veces o seu propio peso! e arrastrar obxectos mais pesados que elas. 


Entre as actividades que fixemos, pintamos unhas antenas, xa que unha das dúbidas que xurdiu na aula foi: para que serven as antenas?. E descubrimos que son as que lles permiten orientarse e ulir cando buscan a comida; polo que son os seus órganos de olfato e tacto.
Tamén repasamos diferentes grafías e números.  

                       

Por último, xogamos a este divertido xogo interactivo, que nos axuda a repasar os cores e os números.
https://dl.dropboxusercontent.com/u/7260262/libroTIC/libro%20digital/EI/otros%20flash/hormigas%20v12.swf

domingo, 11 de octubre de 2015

FERMOSA OBRA DE TEATRO NA BIBLIOTECA REGO DA BALSA.

Encantóunos esta obra de teatro na que dous ratonciños nos contaron as súas andanzas.

           

Volvemos á escola!

Tras uns meses de vacacións, o pasado 10 de setembro volvemos á escola; xa tiñamos ganas de ver aos nosos compañeiros/as!.

Ao chegar contámonos todo o que fixemos no verán: viaxes, festas, visitas...,  e estrenamos as novas rutinas que temos preparadas para este curso. O encargado, un por cada día da semana, ten que: pasar lista, contar os nenos/as que viñeron á escola e os que quedaron na casa, miramos que día fai hoxe e vestimos as nosas mariquiñas,por último, cambiamos a data e lembramos en que día da semana estamos así como tamén, a estación na que nos encontramos. Aproveitamos estes momentos sempre para cantar as nosas cancións preferidas que nos axudan, entre outras cousas, a memorizar os días da semana, os meses, as estacións.


                   


Os primeiros días foron adicados a xogar e pasalo ben cos nosos compañeiros/as. Estrenamos puzzles novos e algún xoguete nos nosos recunchos.
      
                        

  E ata aquí este breve resumo dos nosos primeiros días de volta á escola.