domingo, 21 de agosto de 2016

GRAZAS POR ESTES DOUS ANOS XUNTOS!

Chegou o momento de despedirme cunha última entrada neste blogue que me permitiu compartir con todos vosoutros moitas das aventuras vividas na clase.

 Quero darvos as grazas unha vez mais por estes dous anos xuntos; formades un grupo marabilloso e foi moi sinxelo traballar con vosoutros. Desexo que sempre vos sigades levando así de ben, sodes xeniaes peques. Quérovos.

 Familias sen vosoutros esta labor de aprendizaxe non houbera sido igual, por iso quero agradecervos a confianza e o cariño que pouco a pouco depositachedes en min. Grazas por todo.

Un abrazo moi grande!






Encantaríame subir o vídeo que vos fixen, pero é demasiado longo.


 SEMPRE VOS LEVAREI NO MEU CORAZÓN

ASÍ CELEBRAMOS A CHEGADA DO VERÁN!





A EXTINCIÓN DOS DINOSAURIOS

O noso interese por investigar sobre os dinosaurios xurdiu unha mañá mentres algúns peques debatían sobre a extinción dos dinosaurios.

Aquí vos mostramos un resumo de todo o que descubrimos!

 


domingo, 19 de junio de 2016

jueves, 9 de junio de 2016

PATRULLA VERDE: REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR.

A patrulla verde formada por algúns alumnos/as da clase de 5º de primaria foi a encargada de explicarnos que son as 3R: reducir, reutilizar e reciclar. Nos axudaron a aprender que cousiñas van en cada un dos contedores cun xogo moi chulo, no que nosoutros nos encargábamos de separar os alimentos, lixo...

Quixemos que os nosos compañeiros/as de 5º tiveran un recordo desta actividade e fixemos estes debuxos, nos que como veredes, dámoslle un toque de imaxinación ao reciclaxe. Papeleiras que converten o lixo en corazóns, papeleiras voadoras para que sempre ula ben, dinosaurios reciclando... Está claro que a imaxinación é unha ferramenta moi valiosa!

UN GRAN DÍA EN MARCELLE!






martes, 17 de mayo de 2016

COMO CRECEMOS!

Ao longo destes meses estivemos traballando na aula un proxecto que tiña como obxectivo ser conscientes dos cambios ao longo desde 4-5 anos de vida.
Quero agradecer ás familias a vosa participación tan activa, elaboráchedes uns contos da infancia fermosos!






miércoles, 20 de abril de 2016

Canta bichería!

Aquí vos presentamos o traballo que estará exposto no Pazo da Cultura de Carballo durante a celebración da semana do libro.

Este mural contén uns contos elaborados na clase estas semanas coa información que aprendemos na realización dos tres proxectos.

Tamén realizamos un audio que podedes escoitar! Desexamos que vos guste.






Escoitádenos:





domingo, 3 de abril de 2016

Escoitade o que aprendemos!

Xa sabedes que estas semanas estivemos investigando sobre as Xoaniñas.  Queremos ensinarvos cales eran as nosas ideas previas e que foi o que finalmente aprendemos, escoitade!

Que sabíamos?


Que averiguamos?

 

Traballamos este cadro de Robert Delaunay que tamén ten moitos puntiños como as xoaniñas!




sábado, 19 de marzo de 2016

Feliz día papi!



Bonecos de neve coa axuda dos compañeiros/as de 5º.

Para despedir o inverno realizamos coa axuda dos compañeiros de 5º de educación primaria esta manualidade tan chula! Coa axuda dun calcetín, unha pelota de tenis e unha de ping pong formamos estés bonecos de neve.


 

domingo, 6 de marzo de 2016

Unha morea de puntiños!

Novo reto, volta a investigar!. A quen? a ese bicho que sae en primaveira e que ten unha morea de puntiños no seu pequeno corpiño. Poden voar pero non moi lonxe, non lles gusta a choiva, teñen moitas patas, pero camiñan amodiño, viven nos campos así que son veciñas de Serafín... Estas eran algunhas das ideas previas dos peques cando xurdiu a idea de investigar sobre as Xoaniñas.

A primeira actividade que fixemos foi un debuxo sobre como imaxinamos que son, que lindos quedaron!


En gran grupo, fixemos esta manualidade que completa o mural que iremos realizando ao longo do mes sobre o noso proxecto dos bichos.




Despedimos o proxecto do caracol Serafín.

Ao longo deste mes e medio investigamos sobre os caracois, e demos nome a este proxecto que xiraba entorno ao noso protagonista, o caracol Serafín. Con él aprendemos moitas das características destes bichos que acabaron por encantarnos.

Con esta manualidade que realizamos en gran grupo, e que poderedes ver decorando o recibidor do noso cole, despedimos o proxecto.


 

O coelliño branco.

Fermosa obra de teatro dos alumnos/as de 1º de educación primaria. Encantóunos!


lunes, 8 de febrero de 2016

SI TU QUIERES BAILAR... SOPA DE CARACOL!

Unhas semanas antes do comezo do antroido, puxémonos mans á obra e comezamos o deseño dos nosos disfraces.

                        


Por fin chegou a semana de antroido e o Meco indicaba como tíñamos que vir vestidos cada día, menudas risas ao vernos!!!
 
                        

Falamos sobre os lugares onde o antroido se celebra de forma especial, e aprendemos o que é unha comparsa e como son os desfiles en outras cidades ou países. Encantounos Venecia e as súas máscaras.



E o día máis esperado!!! A festa de antroido na escola.
           
                        


Nubiña Pascual.

Os nosos compañeiros/as de 2º de educación primaria representaron a obra de teatro: Nubiña Pascual. A verdade é que o bordaron! Parabéns artistas!


                           

domingo, 24 de enero de 2016

O rallye dos caracois.

Os caracois teñen fama de dúas cousas según os peques: babosos e lentos. Dende que os temos na clase, comprobamos que efectivamente, si soltan esa sustancia tan pegañosa que lles permite desprazarse; agora o que nos faltaba por comprobar era si realmente son tan lentos; así que fixemos unha pista para realizar unha carreira.  Cada unha das mesas tiñan un caracol, e cada un deles unha pista asignada; polo que comprobaríamos con que rapidez e cal deles, consigue chegar á meta.

Tras preparar as pistas, os peques puxéronlle nome aos seus caracois: Turbo, Pipi, Saturno, Corredor, Cometa e Volador, e  mans a obra...






E así transcorreu a carreira que finalmente gañou Corredor. O único que sacamos en claro é que nos foi totalmente imposible que se desprazasen recto, que risas!





Como crecen e que comen os caracois?

Esta semana estivemos investigando sobre diferentes características da vida dos caracois. A nosa primeira dúbida era saber como nacen?

1º- Os caracois nacen dos ovos.



2º- Saen do ovo. 



3º Van crecendo.

4º- Ata facerse maiores.


Fixemos unha actividade na que ordenamos as fases do crecemento dos caracois.

E que comen? nos preguntamos. 



sábado, 16 de enero de 2016

Falamos de espirais e Caracois.

Esta semana estamos traballando un novo bicho: ten concha, se baba moito, non se separa da súa casa, ... xa vos facedes unha idea de cal é?.
Antes de comezar a investigar sobre as súas características, adicamos a semana a poñer en común as ideas que temos sobre eles.

1º Debuxamos como son os caracois:

 2º Escribimos as características que coñecemos dos caracois:

3º Realizamos uns exercicios de grafomotricidade nos que fixemos diferentes trazos e aprendemos o que son as espirais:

 4º Buscamos un cadro de arte no que puideramos traballar as espirais e eliximos o de Vincent Van Gogh: "La noche estrellada": 





E para a próxima semana... a investigar!

MOITÍSIMAS GRAZAS PEQUES E FAMILIAS!!!










domingo, 3 de enero de 2016

UN APALPADOR CREADO CON CASTAÑAS E FOLLAS DE OUTONO.

Para traballar a figura do apalpador e participar no proxecto da asociación cultural Senda Nova para este Nadal; buscamos información e contos sobre él:

                             

                         
  •  Os contos que mais nos gustaron: 
                              

                              

Chamounos moito a atención que recollera tantas castañas, e nos preguntamos como faría para conseguirlas. Chegamos á conclusión de que tería moitos castañeiros cargados con ourizos cheos de castañas!.
Para comprobar como eran, pedimos as nosas familias que trouxeran ourizos para así ver como se desprendían deles as castañas; tamén lles pedimos diferentes follas das árbores de outono para diferenciar as súas cores, formas, tamaños... E unha vez realizado isto, utilizamos este material para decorar a figura do apalpador para o cartel da asociación cultural Senda Nova.

Esperamos que vos guste!

                       




MANUALIDADES AO SON DE TRES REIS EN BICICLETA.

Como comezo para a celebración de Nadal preparamos no cole unha panxoliña por aula, a nosa foi a de: tres reis en bicicleta. Fíxemos un debuxo no que amosamos como imaxinamos aos reis levando os agasallos nas súas bicicletas. Este formou parte da decoración do centro, xunto cos fermosos minions que decoraron os peques na casa. Grazas polo vosa colaboración familias. 



                             
                              

Para levar os traballos realizados ao longo do trimestre para casa, preparamos estes fermosos renos: