viernes, 27 de febrero de 2015

Acercamento á lectoescritura.

Ao longo deste curso un dos obxectivos que estamos a traballar é a grafía e asociación das vogais.  Para elo, a través de cancións e diferentes xogos coñecemos cales son as vogais e como é a forma de cada unha delas.

Esta semana comezamos a asociar as vogais a unha imáxe foto silábica, cada unha das vogais está asociada a unha foto relacionada co noso proxecto de África, para que así lles axude a través do recoñecemento desta foto a asociación coa vogal correspondente.

A DE AFRICANOS.


E DE ELEFANTE.


I DE IMPALA.


O DE OKAPI.


U DE URRACA. 



Comezamos a traballar as vogais en relación co noso proxecto de África interiorizando a grafía da letra I. 







O noso compañeiro Rodri trouxo a escola un libro que nos presenta o abecedario, e cada letra se asocia a un animal, é mi chulo! Logo xogamos cos puzzles que trae dentro.

Todos os que teñades algún libro relacionado co que estamos traballando sobre África, os animais... estaríamos encantados de que o trouxerades á escola para compartilo cos compañeiros. 


         
Ata a próxima!. 

jueves, 26 de febrero de 2015

Os animais de Cabárceno parécense aos de África?.

A nosa compañeira Dani estivo no parque da natureza de Cabárceno en Santander fai uns días, e contounos con todo detalle cales eran aqueles animais que aínda que non coincidían en todas as características, son como os que estamos traballando no proxecto de África.

Sempre que visitedes un zoo ou fagades algunha visita relacionada co que estamos a traballar de África e os animais, estaremos encantados de que o compartades na escola!.




jueves, 19 de febrero de 2015

Descubrindo África: O NGorongoro.

Continuamos co libro que nos descubre os sonidos da sabana, e esta semana coñecemos unha nova parte de África: o cráter de Ngorongoro.







Ngorongoro é unha zona protexida situada na cidade de Arusha, nas terras volcánicas de Tanzania.  Nela encóntranse nove volcáns dos cales,  tan so un está activo, o de "Ol Doinyo Lengai".



En Ngorongoro encontrámonos un dos sitios máis impresionantes de Tanzania: o Cráter do Ngorongoro, lugar do que nestes días na escola coñecemos novas especies de animais. Aquí vos presentamos algunhas de estas:

Picozapato: fíxonos moita gracia cando descubrimos o seu nome. Chámase así porque o seu pico ten forma de zapato; aínda que os primeiros días que líamos o conto e coñecíamos estes animais foi apodado polos peques como: zapatón, zapatillo, zapatazo...


Camaleón:  pertence a familia dos reptís, e unha das súas propiedades máis curiosas é que cambia de cor según as circunstancias; ten unha lingua moi longa e rápida; e os seus ollos se poden mover independentes un do outro.



Os flamencos: aves que pasan a maior parte do tempo nas augas dos ríos cunhas patiñas moi longas de cor rosáceo.



Os Hipopótamos: son semiacuáticos e habitan en lagos e ríos e teñen unha boca moi grande! É o animal máis feroz de África, e como curiosidade encantounos saber que son capaces de correr moito.



Pitón:  da mesma familia que a mamba negra. A serpente pitón é a máis grande de África.



Ao longo desta semana vos iremos ensinando algúns dos traballos que elaboramos sobre estes animais.
Comezamos por este xogo no que tíñamos que diferenciar os animais de Massai Mara e do cráter do Gnorongoro, e destes, os que teñen ou non teñen pelo repasando así as suas características.


X

<

G

  Ata a próxima!

martes, 17 de febrero de 2015

O noso primeiro antroido na escola.

O venres celebramos na escola a festa de antroido. Por fin despois de moito traballar na elaboración dos disfraces e o ensaio do baile, puidemos disfrutar do resultado final en compañía das nosas familias. Chegamos á escola e nos disfrazamos, que ilusión por fin poder ver o lindos que quedaban!.


            


 Aínda que o tempo non nos permitiu desfilar e realizar o baile onde tiñamos preparado, aínda que caian faldas e tivemos algún tropezo cos flecos dos pés durante o desfile, aínda que nos asustamos un pouquiño cando vimos a tantas familias mirando para nos, a verdade é que o pasamos en grande. Disfrutamos dunha merendola cós profes e as familias de produtos típicos do antroido, que rico todo!.          


                               

lunes, 16 de febrero de 2015

Mandadiño.

Durante a semana de antroido cumprimos cos mandadiños do noso Meco...

                                 

miércoles, 11 de febrero de 2015

Descubrindo África: sonidos da sabana Masái Mara.

Hoxe escoitamos os diferentes sonidos que producen os animais da sabana e os imitamos, que ben o pasamos!.

Como soa... a xirafa?.



Como soa... o león?.

 


Como soa... o babuino?.

 

 Como soa... o tigre?.

 

 Como soa... a mamba negra?.

 

Como soa... o guepardo?.




Como soa... o elefante?.

 

Como soa... a hiena?.




Masái Mara.


jueves, 5 de febrero de 2015

Taller de disfraces.

Esta semana comezamos cos talleres de disfraces aos que nos están axudando as familias.

Xa sabedes que este ano imos a disfrazarnos de Africanos e estamos preparando un baile sorpresa que vos ensinaremos na próxima festa de antroido que terá lugar o día 13 de febreiro.

Dende aquí agradecer a participación das familias na realización dos disfraces!.

Aquí nos tedes traballando na confección...


                                
                      
                      

Visita á panadería Roiser en Coristanco.

Este martes realizamos unha visita á panadería Roiser que está en Coristanco. Nela coñecemos todos os produtos artesáns que cada noite preparan entre os pandeiros e os pasteleiros: pan, pasteles, galletas, pastas, bollería, ovos de Pascua... Unha vez que coñecemos todos os produtos que preparan diariamente, ensináronnos os seus fornos e metemos uns boliños a cocerse.

A continuación, nos ensinaron todas as máquinas que lles axudan a preparar as masas, e puidemos ver cales son os ingredientes que botan e como funcionan.

Xa por último, démoslle forma a uns croissant e amasaron o seu propio boliño de pan que levaron para a casiña.

Pasámolo en grande! E os panadeiros e pasteleiros de Roiser tratáronnos de maravilla!.



                          

                         
                             
                          


domingo, 1 de febrero de 2015

Descubrindo África: a sabana de Masái Mara.

Esta semana continuamos co noso descubrimento sobre África coa axuda dun libro que nos encantou: "Sonidos de Safari", que nos fala das zonas e os diferentes animais que alí viven.





O libro comeza falándonos sobre os animais que se encontran na sabana de Masái Mara, e ao abrilo escoitamos os sonidos que reproducen os animais que alí viven, é moi chulo!.

Masái Mara é un parque natural que se encontra situado ao sudoeste de Kenia. Recibe ese nome porque nel vivía unha tribu que se chamaba Masái e porque o río que cruza esta reserva natural chámase Mara.






Entre os principais animais que alí viven están:

O guepardo que é o animal terrestre mais veloz.

A mamba negra que é a serpente máis venenosa de África. Chámase así debido ao color negro da súa boca.

O babuino que ten bastante parecido cós monos.

Os elefantes que son os animais terrestres mais grandes do mundo.


As xirafas que son os animais terrestres máis altos do mundo.

Os leóns, podemos diferenciar entre macho e femias pola melena que rodea a cariña dos primeiros.


Aquí vos ensinamos algúns dos xogos e traballos que realizamos esta semana con relación a todo o aprendido sobre Masái Mara.









Ata a próxima!.