Culturas do mundo.
viernes, 28 de noviembre de 2014
NO OUTONO...
Ao longo destas semanas estivemos a falar sobre as características do Outono. Os cambios no tempo e na roupa, as froitas e as cores típicas da estación, os animais, os cambios na paisaxe...
Despois de recoller diferentes tipos de follas coas familias este fin de semana, a nosa clase estaba chea de follas de diferentes tipos. Algunhas aínda verdes e máis duras, outras moi marróns (xa mortas como dicían os meus peques) e máis brandas. Con elas, contamos cantas tíñamos de cada tipo, as separamos por cores e buscamos de que árbore podía proceder cada unha de elas; para finalmente realizar un mural, no que deixamos reflexados os cambios e cousiñas que fomos aprendendo...
Pegamos as follas, pintamos uns esquíos e tamén as froitas típicas do Outono, algunhas delas que soamente podemos encontrar nesta época do ano.
Tamén fixemos unha merenda destes froitos. O que máis nos chamou a atención foi a granada. Cando a cortamos viron que é totalmente diferente o resto das froitas e que ten "canicas" (como dicían os peques) pero das que se poden comer!. A verdade é que lles gustou máis ver o que había dentro que probalas, jeje.
Aquí deixamos uns vídeos do proceso de montaxe do noso mural que aínda está sen rematar, e tamén da nosa merenda de Outono.
Ata a próxima!.
Mural de Outono. on PhotoPeach
Mural de Outono 2. on PhotoPeach
Merenda de Outono. on PhotoPeach
martes, 4 de noviembre de 2014
Cómo crecemos!.
E canto pesaremos e mediremos nuns meses...?.
Peso. on PhotoPeach
Medidas. on PhotoPeach
Peso. on PhotoPeach
Medidas. on PhotoPeach
lunes, 3 de noviembre de 2014
O NOSO PRIMEIRO SAMAÍN NA ESCOLA.
Cabazas. on PhotoPeach
Mural de Samaín. on PhotoPeach
Mural Samín 2. on PhotoPeach
Mural de Samaín. on PhotoPeach
Mural Samín 2. on PhotoPeach
Suscribirse a:
Entradas (Atom)