domingo, 22 de marzo de 2015

Feliz día papá!.

O pasado 19 de marzo celebrouse o día do pai, polo que pensamos en facerlles aos nosos pais un detalle que tivera relación co noso proxecto de África, e así saíu a nosa xirafa.

Primeiro pintamos os puntos de cor marrón con pintura de dedos sobre cartulina de cor amarela, traballando en gran grupo; parte que conformaba o corpo da xirafa e a base sobre a que pegaron a foto. Logo, xa individualmente, fixemos as pernas da xirafa; utilizando pinzas da roupa que coloreamos de amarelo e unha vez secas, puxémoslle os puntos en marrón.  Por último, fixemos a parte do seu longo pestozo e a cabeza; ésta era unha pinza tamén coloreada de amarelo e con puntos, pero na parte superior puxemos limpa pipas imitando o pelo das xirafas e para rematar un pompón, que era a súa cariña.

Esperamos que vos gustaran moito!. Aquí veredes o proceso de montaxe destes marcos de fotos en forma de xirafas.






Ata a próxima!.

viernes, 13 de marzo de 2015

Descubrindo África: O cacao.

Esta semana falamos, xogamos, probamos e experimentamos sobre o cacao.

Cando na clase lles preguntei que era o cacao, todos os peques o asociaron ao cola cao, de feito cando probamos o "cacao en polvo", dicían que lles recordaba ao sabor dos cereais. É curioso como os sabores poden recordarnos e transmitirnos diferentes vivencias e alimentos.
Cando fixemos a proba de pechar os olliños e ólelo, todos acertaron... era chocolate! Que rico!. Si, o cacao e o chocolate como proveñen da mesma arbore ulen practicamente igual e nos entra mooooita fame!.

Na aula despois de preguntar que era o que sabían sobre o cacao, con que o tomaban, ... falamos sobre o lugar de onde procede e sobre como se fai. A través dun conto, algunhas fotos e videos que buscamos, puidemos entender cal era o proceso dende a pranta ata que se fai o cacao.

Este é o arbore do cacao.


O cacao procede dalgúns países de América pero foi exportado fai moitos anos a África.
Cando vimos que para conseguir o chocolate e o "cacao en polvo" é necesario que tanto a arbore como despois os grans das fabas precisan un clima caluroso, comprendemos que so poden darse en países onde fai moito moito sol e calor, como é o caso de África.

Esta é a faba e os grans que saen delas.



Nos videos observamos como despois dun longo proceso se convirte en licor de cacao, e a través de este, pódese facer cacao, chocolate...

Aquí vos ensinamos algunhas das experiencias que fixemos sobre o cacao, o mellor...  aventuramos a facer unhas ricas galletas de chocolate.







Ata a próxima. 


jueves, 12 de marzo de 2015

Contacontos: Xano.

Esta semana veu a nosa clase Xano, o irmán de Rodri e un dos meus antigos alumnos, a ler un fermoso conto que falaba sobre un dálmata que escondía as súas pintas. Encantounos!.

 

Moitas grazas Xano, volve cando queiras.

martes, 3 de marzo de 2015

Iniciación á lectoescritura: I de IMPALA.

A semana pasada vos presentamos as tarxetas foto-silábicas que relacionan cada unha das vogais cunha foto relacionada co noso proxecto de África.

Estas semanas centrarémonos no coñecemento da grafía da letra I de Impala.



O impala é un antílope que vive no sur de África. A principal característica dos impalas é que poden saltar moooooiiiii alto e son moi rápidos.





Hoxe na clase comentábamos que teñen moito parecido cos cervos, corzos, os alces e os renos; pero tras buscar información e fotos puidemos comprobar, entre otras diferencias, que os cornos son diferentes en cada unha destas especies de animais; así como tamén aprendemos que os impalas cando son pequeniños non teñen cornos.


Por último, a modo de curiosidade falamos de que hai un coche americano que recibe o seu nome por este animal; e que seguramente lle chamaron impala porque pensaban en que ía ser rapido  igual que estes animais; debate no que se cuestionaban porque non lle chamaron guepardo a ningún coche, jeje.


Unha vez que xa investigamos todas as características dos impalas, onde viven, como é a súa forma, a que animais se parecen, ..., centrámonos na letra pola que comeza o seu nome, a letra I. 

Durante o curso xa traballamos a grafía desta letra e a semana pasada realizamos unas fichas en relación aos animais que empezan con esta inicial que vos ensinamos na última entrada. 

Ao longo desta semana seguimos traballando con esta grafía da letra I e con diferentes materiais e decoracións. 





Ata a próxima.