martes, 3 de marzo de 2015

Iniciación á lectoescritura: I de IMPALA.

A semana pasada vos presentamos as tarxetas foto-silábicas que relacionan cada unha das vogais cunha foto relacionada co noso proxecto de África.

Estas semanas centrarémonos no coñecemento da grafía da letra I de Impala.



O impala é un antílope que vive no sur de África. A principal característica dos impalas é que poden saltar moooooiiiii alto e son moi rápidos.





Hoxe na clase comentábamos que teñen moito parecido cos cervos, corzos, os alces e os renos; pero tras buscar información e fotos puidemos comprobar, entre otras diferencias, que os cornos son diferentes en cada unha destas especies de animais; así como tamén aprendemos que os impalas cando son pequeniños non teñen cornos.


Por último, a modo de curiosidade falamos de que hai un coche americano que recibe o seu nome por este animal; e que seguramente lle chamaron impala porque pensaban en que ía ser rapido  igual que estes animais; debate no que se cuestionaban porque non lle chamaron guepardo a ningún coche, jeje.


Unha vez que xa investigamos todas as características dos impalas, onde viven, como é a súa forma, a que animais se parecen, ..., centrámonos na letra pola que comeza o seu nome, a letra I. 

Durante o curso xa traballamos a grafía desta letra e a semana pasada realizamos unas fichas en relación aos animais que empezan con esta inicial que vos ensinamos na última entrada. 

Ao longo desta semana seguimos traballando con esta grafía da letra I e con diferentes materiais e decoracións. 





Ata a próxima. 

2 comentarios:

  1. Pois a modo de curiosidade tamén hai unha moto antiga, e... como non: unha caravana!!!

    ResponderEliminar
  2. Xa busquei info e fotos, mañá na asamblea as veremos, seguro que lles gusta sabelo que o do coche fíxolles moita gracia!.

    ResponderEliminar