EDUCACIÓN PARA A PAZ

Estas semanas estamos a traballar con especial interese a educación para a Paz dado que o próximo día 30 de xaneiro conmemorase o día da non violencia e a Paz.

Como estamos a investigar sobre o continente veciño, África,  presentamos na aula unha das persoas que mais loitou pola Paz neste país, Nelson Mandela.  Recibiu un premio Nobel da Paz en 1993. Cando na aula preguntei que pensaban que era un premio Nobel da Paz, xurdiron respostas moi interesantes: - é cando lle regalan unha moto a un home que fai Paz-. - Pois cando lle dan un xoguete a un home que se portou ben cos seus amigos-.  Estaba claro que o concepto de premio tíñano claro, pero quería que entenderan que era a Paz e que cousas fixera Nelson Mandela polo pobo africano.



A semana pasada traballaramos o exercicio de exemplificar un problema que xurdía a menudo na aula, e esta semana propuxen un xogo; como Nelson Mandela traballou sempre para que no seu poco non houbera diferencia entre culturas, nin guerras, axudou a xente máis pobre; e loitaba cada día por ser un continente unido. Falamos de que cada día poñeríamos un obxectivo a cumprir por todos os peques en relación coa Paz na aula e o colexio, e a finais da semana falaremos sobre como podemos premiar a todo o grupo de peques se conseguimos cumprilos.



Para comezar coloreamos un debuxo de Nelson Mandela.


                         


SOLUCIONANDO OS PROBLEMAS QUE  

XURDEN NA AULA ENTRE TODOS.

 O próximo 30 de xaneiro celebrase o día da Paz. No centro pensamos que era importante transmitir os nenos/as o significado da paz aplicado na práctica diaria dos problemas que van xurdindo na aula, e como debemos de resolvelos. Entón plantexamos diferentes problemiñas que xorden a diario e representamos o máis común: aínda que temos bastantes xoguetes na aula, soe pasar que dous nenos/as queiran o mesmo e iso xenere un momento de enfado entre eles; polo que pensamos en que solucións podemos tomar, e todos coincidimos na mesma: compartir e xogar xuntos con ese xoguete. A solución a verdade é que todos a sabíamos, agora o importante é interiorizalo e poñelo en práctica día a día. Iso intentaremos!.

 O día da paz imos a representar en escena este problema diante dos compañeiros/as dos diferentes cursos do centro, para axudar e ver se a eles tamén lles sucede e que todos o poñamos en práctica. Aquí vos mostramos as probas da nosa representación... Un saúdo!.



 Paz on PhotoPeach
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario