domingo, 22 de noviembre de 2015

LUCECÚS.

Fai unhas semanas comezamos a investigar sobre os Lucecús. O proxecto xurdiu un día falando sobre os bichos mais bonitos que coñecemos, e unha peque comentou que fora un lucecús, algúns non sabían que bicho era, así que nos puxemos mans a obra a investigar.


A característica mais chamativa ao ver o lucecús en foto foi esa luz, entón cada un deu a súa opinión e plantexaron diferentes preguntas: 

- teñen unha lámpada ahí no cu?- 
- queimara se a tocas?-
-como se acende e como se apaga?
- póñena para ver de noite?-

Puxémonos mans a obra e buscamos información en internet e diferentes libros. A luz que emiten chámase bioluminescencia, si, unha palabra moi longa que nunca escoitáramos e que é moi difícil de lembrar, pero o que si sabemos é o que significa. Quere dicir que os lucecús non teñen unha lámpada no cuíño (que gracia nos facía), senón que esa luz téñena por unha sustancia que desprenden e que, o poñerse en contacto co aire xera luceciña.


Para que vale?.
Grazas ao fermoso libro de Eric Carl: "La luciérnaga solitaria", soubemos que esa luz que desprenden é para encontrar outros lucecús, e tamén para que non as coman bichos máis grandes: os lucecús saben moi mal, polo que os predadores ao ver a luz saben que son lucecús e non as comen.


A luz que emiten non é continua, é intermitente; e para comprobar cal é a diferencia entre estes dous tipos, fixemos o seguinte experimento: con unha pila e un led pequeniños, conseguimos facer luz. 







Tíñamos leds de varias cores, polo que probamos todas e aprendemos a diferenciar entre luz continua e intermitente. Por último, metemos o led e a pila nun globo, imitando a luz dos lucecús. 



Fixemos un gran mural no que pintamos utilizando diferentes materiais, a luciérnaga solitaria. 



E por último, recibimos unha carta da lucecús Lúa na que nos pedía que investigáramos onde viven e que comen, puxémonos mans a obra para poder contestarlle o mais pronto posible!. Fixemos diferentes fichas nas que escribimos que viven nas zonas máis cálidas e que lles encanta estar en pantanos e en xeral, en zonas húmidas. Tamén fixemos unha ficha na que contamos cantas alas e cantas antenas teñen, e para finalizar lle puxemos papel celofán de cor amarelo para simular a súa luz. 




Encantounos investigar aos lucecús!.

martes, 17 de noviembre de 2015

Con A de arte.

Esta semana traballamos as formas xeométricas. Para elo, tomamos como base as cousas que temos no noso arredor, así que fixemos un remuiño de ideas sobre que cousas da clase teñen estas formas:
  • Rectángulo: a mesa, o encerado, a porta da clase...
  • Cadrado: as caixas dos puzzles, algúns libros da biblioteca de aula, o cartel dos protagonistas...
  • Círculo: as nosas caras, a letra "o" de Okapi, o pomo da porta...
  • Triángulo: a sinal de ceda o paso, o anaco de pizza que temos no recuncho da cociña, o gorro dos bonecos...
Con material sensorial que nos permite favorecer a capacidade visual, táctil e manipulativa; realizamos xogos de comprensión e asociación de formas e cores. Comezamos agrupando formas xeométricas según o seu cor e tamaño.


E despois fixemos series e xogamos con formas na PDI:

 Unha vez que recoñecemos estas formas, fixemos unha actividade en grupo na que o pasamos xenial!. Collemos un bo anaco de papel continuo e no corcho, con pintura de dedos debuxamos a idea que tiñamos de esas formas. E incluso, algún debuxo que tivera esas formas.

A raíz de todas estas actividades nas que nos introducimos no mundo da xeometría, buscamos un pintor que tivera unha obra na que simulase debuxar formas, e decidimos pintar unha obra de Kandinsky, un pintor Ruso o que lle encantaba realizar obras de arte cheas de cor!.





martes, 3 de noviembre de 2015

Maquinando a escritura das nosas palabras.

O ano pasado traballamos o acercamento á lecto-escritura tomando como base para o comezo da nosa aprendizaxe, as letras maiúsculas. Este curso, comezamos a grafía das minúsculas.

Xa sabemos que todo aprendizaxe é mais motivador canto máis divertido sexa, e pensando nesta idea, xurdíu un dos xogos que utilizamos a diario: a máquina das palabras.
Con ela en pequenos grupos xogan a formar diferentes palabras; isto que para un adulto é tan sinxelo e para eles tan complicado: "como se escribe mamá?", "sona: ma ma ma ma ma", "ah! xa sei!pos con m e despois a"; esta é unha das conversas comúns entres os peques; momentos nos que se esforzan para descubrir cales son as letras que conforman cada unha das palabras que queren escribir, buscan as letras e intentan construír a palabra que queren.
Tamén nos gusta xogar a formar palabras coa axuda dos puzzles que conteñen as letras do abecedario, con elas, soemos repasar a diario cales son as letras que compoñen os nosos nomes.

Para apoiar estes aprendizaxes, realizamos diferentes traballos manuais de grafía. Comezamos asociando as vogais de maiúscula á minúscula, coloreando con ceras, pintura de dedos..., para despois centrarnos concretamente na grafía da letra "a" minúscula, a cal estamos traballando estas semanas.

Aquí podedes ver algúns destes traballos.