viernes, 28 de noviembre de 2014

NO OUTONO...


Ao longo destas semanas estivemos a falar sobre as características do Outono.  Os cambios no tempo e na roupa, as froitas e as cores típicas da estación, os animais, os cambios na paisaxe...

Despois de recoller diferentes tipos de follas coas familias este fin de semana, a nosa clase estaba chea de follas de diferentes tipos. Algunhas aínda verdes e máis duras, outras moi marróns (xa mortas como dicían os meus peques) e máis brandas.  Con elas, contamos cantas tíñamos de cada tipo, as separamos por cores e buscamos de que árbore podía proceder cada unha de elas; para finalmente realizar un mural, no que deixamos reflexados os cambios e cousiñas que fomos aprendendo...

Pegamos as follas, pintamos uns esquíos e tamén as froitas típicas do Outono, algunhas delas que soamente podemos encontrar nesta época do ano.

Tamén fixemos unha merenda destes froitos. O que máis nos chamou a atención foi a granada. Cando a cortamos viron que é totalmente diferente o resto das froitas e que ten "canicas" (como dicían os peques) pero das que se poden comer!.  A verdade é que lles gustou máis ver o que había dentro que probalas, jeje.

Aquí deixamos uns vídeos do proceso de montaxe do noso mural que aínda está sen rematar, e tamén da nosa merenda de Outono.

Ata a próxima!.


Mural de Outono. on PhotoPeach

Mural de Outono 2. on PhotoPeach

Merenda de Outono. on PhotoPeach

TRABALLANDO A EDUCACIÓN EMOCIONAL.
















 Traballamos as emocións. on PhotoPeach

Xogos interactivos.


Aquí podedes encontrar algúns dos xogos que utilizamos na aula.


XOGOS INTERACTIVOS.