jueves, 29 de octubre de 2015

Cabazas, castañas, arañas, morcegos, bruxas, medo, diversión ... a cañón!

Por fin chegou o día máis desexado de toda esta semana. Hoxe tocaba celebrar o Samaín, caracterizados cos nosos disfraces, cunha boa merendola de castañas con todos os compañeiros/as de cole e diferentes xogos. Tíñamos moitas ganas!.

A mañá comezou coa representación dunha obra de teatro na biblioteca do cole, protagonizada polos compañeiros/as de 6º de educación primaria. A verdade é que o bordaron, fíxonos moita gracia e gustounos ver como ían caracterizados cada un dos seus personaxes. Aquí tendes un resumo da obra: Xoán sen medo.

 

Despois de xogar na clase un ratiño, fomos ao recreo e a continuación, merendamos unha boa castañada. Que ricas estaban!

                          

E por último, falamos sobre como fixemos as nosas cabazas, miramos posibles receitas de cociña con cabaza para facer a volta da ponte, e limos o conto de corre corre cabaciña. Dende aquí agradecer a todas as familias a vosa colaboración. Tanto polas fermosas cabazas que fixestes cos vosos peques, como polas castañas para a celebración do Magosto.

                           

 Moitas grazas familias!

2 comentarios:

  1. A verdade é que era un día moi deseado, pasaronno moi ben , encantame o hallowen, decían na nosa casa!!!aínda que vós as profes... tamén vos metedes ben no papel!!Jeje
    Gracias a vos por todo o que facedes polos nosos nenos!!

    ResponderEliminar
  2. A verdade é que era un día moi deseado, pasaronno moi ben , encantame o hallowen, decían na nosa casa!!!aínda que vós as profes... tamén vos metedes ben no papel!!Jeje
    Gracias a vos por todo o que facedes polos nosos nenos!!

    ResponderEliminar