jueves, 30 de abril de 2015

Día internacional do libro: creamos o noso propio conto viaxeiro e elaboramos uns fermosos marcapáxinas.

O 23 de abril conmemorase o día internacional do libro, polo que durante toda esa semana adicamos as sesións a diferentes traballos nos que fomentamos a iniciación, o gusto pola lectura e a competencia en comunicación ligüística.

Para celebrar este día na escola pensamos en elaborar un conto viaxeiro.
Como estamos aprendendo as letras, falando cos peques decidimos facer o noso propio abecedario foto-silábico; igual que fixemos coas vogais, que asociamos cada unha delas a un animal de África.

Investigamos... Buscamos información sobre diferentes animais do Continente Africano, e  asociamos cada letra do abecedario cun animal, cuxo nome empezaba por esa letra.

Elaboramos... Cada unha das letras da A á Z se corresponden cun animal Africano que coloreamos e pegamos nunca cartulina con forma do Continente Africano.
Así foi como o elaboramos.

 

E este foi o resultado final...


Así foi como realizamos a presentación do noso conto viaxeiro, que recorrerá dentro de pouquiño as nosas casas, na biblioteca do centro. 


E aproveitamos para cantar a canción do abecedario.


Para finalizar dita conmemoración, realizamos estes marcapáxinas.


Ata a próxima!.

1 comentario: