domingo, 12 de abril de 2015

Compañerismo, convivencia, respeto...

Unha das competencias básicas que traballamos a diario na nosa aula é a competencia social e ciudadá, comprendendo a través dela a importancia de convivir, cooperar... Por iso a miúdo realizamos actividades nas que traballamos problemas reais que acontecen na nosa aula, para así saber como debemos de soluciónalos en futuras ocasións.  Cuestións como: que facer cando dous queremos a mesma cera? E cando queremos o mesmo punto de cor no momento de sentarnos na asamblea?Nada mais nin nada menos que unha solución tan sinxela como compartir, palabra repetida na nosa aula a diario, e que loitamos por poñer en practica cada día.

Outra das actividades lúdicas que realizamos na nosa clase relacionada con esta competencia é a aprendizaxe de diferentes xogos en grupo que nos permitan relacionarnos con todos os nosos compañeiros/as, e nos axuden a aprender regras de convivencia e compañerismo mentres
disfrutamos xogando.

                               

1 comentario: