lunes, 13 de abril de 2015

Chega a primaveira, e o cuco?.

O día 21 de marzo da comezo a primaveira, estación que trae consigo o fin das choivas e do frío característico do inverno. Os días son moito mais longos e mais luminosos, os sons da primaveira son diferentes aos do inverno, agora despertamos e escoitamos aos paxaros que xa regresaron das súas migracións. As flores volven a crecer e as cores do entorno volven a recuperar o seu verde, cor predominante nos campos, nas árbores;  pero tal e como falábamos hoxe na asamblea, iso en Galicia non pasa ata dentro dun tempiño. Aquí o cambio de estación vai moito máis lento que en outros lugares de España, e sobre iso estivemos falando e investigando esta mañá.

Xa o refrán di: "cuando el cuco llega entonces es primavera; si el cuco no llegó es que la primavera no comenzó".


  • Investigamos: onde pasan os cucos os invernos?. Para así poder entender este refrán. 




Os cucos pasan os invernos na zona do sur de África, igual que as golondrinas, porque no tempo que aquí é inverno, alí fai sol e calor e por iso marchan cara o bo tempo. Logo nas primaveiras regresan, así que hoxe aprendemos o que significa: migrar.  As zonas que teñen a cor rosa claro e que están no sur de África, son os lugares onde o cuco pasa os invernos.

Lemos tamén un artigo da Voz de Galicia que nos invita a buscar información sobre os cucos que chegan nestes primeiros días de primaveira a Galicia. En dito periódico, comezaron en 2013 unha campaña de recollida de información sobre a especie do cuco en Galicia. Dita campaña foi moi exitosa polo que tanto o ano pasado coma este, continúan coa investigación; así que na clase falamos de que se vemos un cuco nas próximas semanas apuntaremos o nome de quenes o escoitamos, a hora, data e lugar; e cantos exemplares cantaban para logo, envíalo a esta dirección: prensa-escuela@lavoz.es

Aquí podemos ver a noticia completa: 
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lavozdelaescuela/2015/03/11/buscamos-noticias-cucobr-/00031425510814288713235.htm

E aquí podemos ver os avistamentos de aves na zona de Galicia: http://sgo.cesga.es/aves/htdocs/

Polo que agora estaremos moi atentos a ver si vemos ou escoitamos o cuco. Pero...

  • Investigamos: cal é o sonido cuco?.




CU cu Cu cu Cu cu, este é o son do cuco. É por isto é polo que hai un tipo de reloxos que se apodan: de cuco.
Por que?:  Este tipo de reloxos teñen un cuco que sae da súa casiña cando se produce un cambio de hora: a unha en punto, as dúas en punto, as tres en punto, e así sucesivamente ata as doce. Curiosidade: o cuco sae da súa casiña tantas veces como o número de hora que marca. Se son as seis sae seis veces. Se o escoitamos dende calquera habitación da casa, contando os cucos que fai, sabremos que hora é.

Pasámolo en grande imitando o cuco e marcando horas coma se fósemos un reloxo.




Por último, fixemos estas fichas nas que traballamos a lóxico-matemática contando o número de elementos relacionados coa primaveira que se encontraban en cada cadrado, e outra na que coloreábamos as 8 en relación ao que marcaba ó reloxo de cuco.  Tamén traballamos a lectoescritura, recoñecendo as letras que compoñen a palabra primaveira e realizando como sempre ao finalizar a ficha, a grafía do seu nome.








E a manualidade desta fermosa mariposa!





Ata a próxima!. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario