viernes, 30 de enero de 2015

Investigamos sobre a estación do inverno.

Para traballar a estación na que estamos falamos sempre na asamblea das características do tempo que fai e a roupiña que levamos. Sabemos que nesta estación chove moito, fai frío, neva nas zonas máis altas, ... e por iso levamos roupa de abrigo: luvas, gorro, guantes, bufanda, chuvasqueiro, botas de auga, plumífero... Todas estas son características propias do inverno que falamos día a día; pero esta semana quixemos investigar máis sobre cousas típicas desta estación; e buscamos información sobre: deportes de inverno e transportes que se utilizan nesta estación.

Sobre os deportes de inverno encontramos tres moi característicos: patinaxe sobre xeo, esquí e snowboard. Para practicalos é imprescindible que haxa xeo no primeiro e neve nos dous últimos, polo que só se poden realizar na estación de máis frío do ano.




O seguinte sobre o que buscamos información foi sobre os transportes que se utilizan en inverno.  O que mais lles chamou a atención foi o telesilla. 



Outros transportes característicos do inverno que buscamos foron: a moto de neve e o quitaneves. 




Ao longo da próxima semana imos a investigar como é o inverno en África. Xa vos contaremos!. 

Aquí vos deixamos algúns dos traballos que fixemos estes días. Un saúdo!. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario