Comezamos coa presentación do proxecto que levaremos a cabo ao longo destes dous trimestres: Descubrindo África.
No colexio estamos a realizar un proxecto intercultural que consiste en que cada ciclo está investigando a cerca dun continente ou país. En educación infantil imos a traballar o continente Africano.
Para comezar esta andanza, fumos ao google maps para poder ver onde estaba situado no mapa África; un gran continente moi cercano ao noso. Está formado por moitos países e hai unha gran variedade de clima, e grazas a isto poden vivir diferentes tipos de animais.
Para dar comezo ao noso proxecto, imos a descubrir cales son os animais da selva Africana. Esta é unha zona que se caracteriza por estar rodeada de grandes rios e lagos, con moita vexetación e árbores, que permite unha gran diversidade de prantas e animais.
Agora vos iremos presentando os traballos que realizamos na clase mentres descubrimos as características da selva Africana.
Comezamos pola familia dos felinos. O leopardo e o tigre son parecidos, pero entre as súas diferencias destaca que o leopardo ten pintiñas pequenas no se corpo, en cambio o tigre ten raías.
http://www.thekingsoftheblog.com/a-la-cama-no-te-iras-sin-saber-una-cosa-mas-felinos/
A través dos animais traballamos os conceptos igual e diferente.







No hay comentarios:
Publicar un comentario