MOITAS GRAZAS PEQUES POR FACER ESTA ACTIVIDADE CON NOS!
Culturas do mundo.
jueves, 18 de junio de 2015
Taller de camisetas africanas.
Os compañeiros/as de 1º de educación primaria nos axudaron a deseñar estas fermosas camisetas con motivos africanos. Eliximos os nosos animais preferidos e estampamos coa súa axuda cada unha das camisetas. Esperamos que vos guste!.
miércoles, 17 de junio de 2015
Iniciación á lecto-escritura: Letra A.
Continuamos traballando as vogais en relación as tarxetas foto-silábicas que relacionan cada unha das vogais cunha foto dun animal Africano.
domingo, 14 de junio de 2015
A piques de chegar o verán e as vacacións!
Xa queda pouco para o cambio de estación, que coincide coa chegada das vacacións e as festas de San Xoán de Carballo.
No verán os días son moi longos e as noites son curtas. Fai moito calor, o que nos permite ir a praia! Falamos sobre as praias que soemos visitar, e dos motivos polos debemos de ter coidado cando nos bañamos.
Comezamos falando sobre a praia de Razo xa que foi a que comentaron a gran maioría dos peques que ían en verán. Entramos nesta páxina web na que podemos ver a praia en directo:
- Falamos sobre o significado das bandeiras e o seu cor:
AMARELA: Precaución se nos metemos na auga, índica que hai oleaxe forte ou/e as mareas son perigosas.
VERMELLA: Prohibido bañarse.
- Qué deportes podemos practicar en verán?.
Os peques afirmaban que en verán se pode practicar o surf; e como deportes de auga, coñecimos outros dous:
O snorkel:
O windsurf:
Por último, falamos sobre a roupa que debemos de poñer en canto comece o bo tempo.
viernes, 12 de junio de 2015
Iniciación á lecto-escritura: letra U.
Continuamos traballando as vogais en relación as tarxetas foto-silábicas que relacionan cada unha das vogais cunha foto dun animal Africano.
Letra U de Urraca.
miércoles, 10 de junio de 2015
domingo, 24 de mayo de 2015
Descubrindo África: Imos de Safari.
Cando descubrimos a cantidade de safaris que hai para realizar en África e todo os que nos permiten ver, decidimos que esta semana íamos realizar un!
Todo comezou tras a pregunta... Que é un Safari? Antes de buscar a información, fixemos unha ronda de ideas, para averiguar o que os peques pensaban que era un safari e o que sabían sobre eles. As respostas dos nenos/as:
- Un safari é unha viaxe que facemos entre os animais- -Claro, e faise para sacar fotos- - Si, e vamos montados nun coche grande para que non nos coman- - Claro e para ir mas rápido que eles se nos perseguen-
E así, grazas as súas ideas tíñamos máis ou menos unha idea clara do que era. Agora tocaba INVESTIGAR buscando información.
"Un safari é unha expedición ou viaxe que se leva a cabo en algunhas rexións de África para ver e fotografiar animais"
Día 7: Nairobi - Amboseli

E que roupa temos que levar de safari?
Unha vez que tíñamos claro o que era realizar un safari e que tíñamos que levar na maleta, pensamos... a que parte de África imos? Buscamos información nunha axencia de viaxes, podíamos elexir:
- Ruta Massai: visitando Nairobi, Samburu, Aberdare, Lago Nakuru.
- Safari Jambo: Nairobi, Amboseli, Tarangire, Serengeti, Ngorongoro.
- Buscando al rey león: Nairobi, Lago Nakuru, Masai Mara.
- Safari Kilimanjaro: Nairobi, Massai Mara, cráter de Ngorongoro e Kilimanjaro.
Tras a votación decidimos realizar o safari Kilimanjaro.
Vemos o itinerario e buscamos información sobre cada un dos sitios que visitaremos:
Día 1: España-Nairobi.
Nairobi é a capital e maior cidade de Kenia, que é o primero país que imos visitar.
Día 2: Nairobi- Samburu.
Aquí visitaremos a Reserva Nacional de Samburu.
Día 3: Nairobi- Aberdare.
Iremos en vehículos especiais hacia as colinas dos montes de Aberdare, para observar diferentes animales.
Día 4: Aberdare- Lago Nakuru- Lago Naivasha
Iremos en vehículos especiais ao Gran Valle do Rift e ao Lago de Nakuru, paraíso de aves acuáticas e refuxio das dúas especies de rinoceronte.
Día 5: Lago Naivasha - Masai Mara
Dirixirémonos as inmensas llanuras de Massai Mara onde encontraremos a grandes manadas de ñus, cebras, antílopes, gacelas...
Día 6: Masai Mara
Coñeceremos a cultura Massai dos Massai Mara.Día 7: Nairobi - Amboseli
Chegamos a Amboseli e podemos obsevar no safari os paisaxes do Kilimanjaro.
Día 8: Amboseli - Lago Manyara
Chegamos a Tanzania e visitamos o lago Manyara.
Día 8: Amboseli - Lago Manyara
Chegamos a Tanzania e visitamos o lago Manyara.
Día 9: Manyara - Serengeti.
Visitamos o Parque Nacional de Serengeti.
Día 10: Serengeti- Cráter do Ngorongoro.
Visitamos o Cráter do Ngorongoro, unha área en conservación onde podemos encontrar nove volcanes, dos cales tan só un deles está activo.
Día: 11 Cráter do Ngorongoro- Nairobi- Viaxe de regreso a España
Regresamos a España.
Unha vez que trazamos o itinerario e temos claro o que imos ver, precisamos buscar os transportes nos que iremos dende Carballo ata Nairobi.
Estamos traballando nelo, polo que vos contaremos no seguinte post.
Ata a próxima.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)