Culturas do mundo.
viernes, 12 de junio de 2015
Iniciación á lecto-escritura: letra U.
Continuamos traballando as vogais en relación as tarxetas foto-silábicas que relacionan cada unha das vogais cunha foto dun animal Africano.
Letra U de Urraca.
miércoles, 10 de junio de 2015
domingo, 24 de mayo de 2015
Descubrindo África: Imos de Safari.
Cando descubrimos a cantidade de safaris que hai para realizar en África e todo os que nos permiten ver, decidimos que esta semana íamos realizar un!
Todo comezou tras a pregunta... Que é un Safari? Antes de buscar a información, fixemos unha ronda de ideas, para averiguar o que os peques pensaban que era un safari e o que sabían sobre eles. As respostas dos nenos/as:
- Un safari é unha viaxe que facemos entre os animais- -Claro, e faise para sacar fotos- - Si, e vamos montados nun coche grande para que non nos coman- - Claro e para ir mas rápido que eles se nos perseguen-
E así, grazas as súas ideas tíñamos máis ou menos unha idea clara do que era. Agora tocaba INVESTIGAR buscando información.
"Un safari é unha expedición ou viaxe que se leva a cabo en algunhas rexións de África para ver e fotografiar animais"
Día 7: Nairobi - Amboseli

E que roupa temos que levar de safari?
Unha vez que tíñamos claro o que era realizar un safari e que tíñamos que levar na maleta, pensamos... a que parte de África imos? Buscamos información nunha axencia de viaxes, podíamos elexir:
- Ruta Massai: visitando Nairobi, Samburu, Aberdare, Lago Nakuru.
- Safari Jambo: Nairobi, Amboseli, Tarangire, Serengeti, Ngorongoro.
- Buscando al rey león: Nairobi, Lago Nakuru, Masai Mara.
- Safari Kilimanjaro: Nairobi, Massai Mara, cráter de Ngorongoro e Kilimanjaro.
Tras a votación decidimos realizar o safari Kilimanjaro.
Vemos o itinerario e buscamos información sobre cada un dos sitios que visitaremos:
Día 1: España-Nairobi.
Nairobi é a capital e maior cidade de Kenia, que é o primero país que imos visitar.
Día 2: Nairobi- Samburu.
Aquí visitaremos a Reserva Nacional de Samburu.
Día 3: Nairobi- Aberdare.
Iremos en vehículos especiais hacia as colinas dos montes de Aberdare, para observar diferentes animales.
Día 4: Aberdare- Lago Nakuru- Lago Naivasha
Iremos en vehículos especiais ao Gran Valle do Rift e ao Lago de Nakuru, paraíso de aves acuáticas e refuxio das dúas especies de rinoceronte.
Día 5: Lago Naivasha - Masai Mara
Dirixirémonos as inmensas llanuras de Massai Mara onde encontraremos a grandes manadas de ñus, cebras, antílopes, gacelas...
Día 6: Masai Mara
Coñeceremos a cultura Massai dos Massai Mara.Día 7: Nairobi - Amboseli
Chegamos a Amboseli e podemos obsevar no safari os paisaxes do Kilimanjaro.
Día 8: Amboseli - Lago Manyara
Chegamos a Tanzania e visitamos o lago Manyara.
Día 8: Amboseli - Lago Manyara
Chegamos a Tanzania e visitamos o lago Manyara.
Día 9: Manyara - Serengeti.
Visitamos o Parque Nacional de Serengeti.
Día 10: Serengeti- Cráter do Ngorongoro.
Visitamos o Cráter do Ngorongoro, unha área en conservación onde podemos encontrar nove volcanes, dos cales tan só un deles está activo.
Día: 11 Cráter do Ngorongoro- Nairobi- Viaxe de regreso a España
Regresamos a España.
Unha vez que trazamos o itinerario e temos claro o que imos ver, precisamos buscar os transportes nos que iremos dende Carballo ata Nairobi.
Estamos traballando nelo, polo que vos contaremos no seguinte post.
Ata a próxima.
viernes, 22 de mayo de 2015
Iniciación á lecto-escritura: letra O.
Continuamos traballando as vogais en relación as tarxetas foto-silábicas que relacionan cada unha das vogais cunha foto dun animal Africano.
Estas semanas repasamos a letra I de Impala e agora comezamos coa letra O de Okapi.
Estas semanas repasamos a letra I de Impala e agora comezamos coa letra O de Okapi.
Os Okapis viven nas selvas Africanas, recorda pola súa forma as xirafas e nos cores, as cebras.
Aquí traballamos a grafía das letras I e O, así como as formas: círculo e cadrado.
domingo, 3 de mayo de 2015
Quérote mami!
Tras realizar en grupo un mural sobre a sabana Africana, decidimos que como detalle para o día da nai realizaríamos uns manteis nos que estamparíamos unha paisaxe da sabana. Buscamos as cores mais representativas desta e un debuxo dunha familia de elefantes que nos gustou; e coa axuda dos rodillos, así realizamos o estampado nestes manteis.
Esperamos que vos gustaran moito!
Ata a próxima.
Esperamos que vos gustaran moito!
Ata a próxima.
Concurso Mellor Periodista Infantil e Xuvenil.
O programa Prensa-Escuela convoca unha nova edición do Concurso Mellor Periodista Infantil e Xuvenil, un certame que ten como obxectivo familiarizar aos estudantes galegos coa lectura e manexo do periódico e axudarlles a desenrolar a súa capacidade de expresión e redacción.
Aquí podedes encontrar as bases de dito concurso:
http://www.prensaescuela.es/participa/concursos/201-concurso-mejor-periodista
En estradas anteriores víchedes que estivemos investigando sobre o Cuco a raíz de ler esta noticia na prensa:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lavozdelaescuela/2015/03/11/buscamos-noticias-cucobr-/00031425510814288713235.htm
Seguimos a pista a ver onde se escoitaba o primeiro Cuco este ano; e finalmente lemos que foi en Chantada; tal e como narra a noticia publicada na Voz de Galicia:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lavozdelaescuela/2015/04/07/ano-primer-cuco-escucho-chantada/00031427924251697157474.htm
Esta foi a noticia elixida para os nosos debuxos, esperamos que vos gusten.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)